Os 24 Tuls

A vida dun ser humán, aproximadamente 100 anos, pode considerarse igual a un día, comparado coa eternidade. En consecuencia nós, os mortais, non somos nada máis que simples viaxeiros que cruzan os anos eternos dun neón nun día. Está claro que nadie pode vivir máis que un tempo determinado. Non obstante, a maioría da xente faise esclava do materialismo coma si foran a vivir miles de anos. E outros esfórzanse por deixar ás xeracións futuras, un legado espiritual, logrando a inmortalidade. Evidentemente, o espírito é eterno, o material non. Así o legado que deixemos para o benestar da humanidade é, quizáis, a cousa máis importante da nosa vida.

"Aquí deixo o Taekwon-Do para a humanidade, como a pegada do home do final do século XX. Os 24 tuls representan 24 horas, un día, ou toda a miña vida."

As Formas (TUL) do Taekwon-Do son sucesións de diversos movementos fundamentais, a maioría dos cales representan técnicas de ataque ou defensa, establecidos en secuencias fixas ou lóxicas. O estudante ten que facer fronte, sistemáticamente, a varios adversarios imaxinarios en diversas condicións, utilizando tódolos membros de ataque ou posicións posibles e en calquer dirección. A práctica dos tuls permite aos estudantes ver unha gran serie de movementos fundamentais, para desenvolver técnicas de salto, mellorar a flexibilidade dos movementos, dominar os xiros do corpo, endurecer os músculos e controlar a respiración, desenvolver actitudes diversas e flexibles e mellorar o ritmo dos movementos.

É preciso que se teña en conta os puntos seguintes ao realizalos tuls:

1O tul ten que comezar e rematar exactamente no mesmo lugar. Eso indica a precisión do practicante.
2Débese mante unha postura e enfrentamento correcto todo o tiempo.
3Poñelos músculos en tensión ou relaxarse en cada caso según os movementos no momento crítico de cada movemento.
4Realízase o exercicio cun movemento rítmico con ausencia de rixidez.
5O movemento acelérase ou relantízase según o tul.
6Cada tul ten que ser dominado completamente antes de pasar ao siguiente.
7O estudante ten que coñecer o propósito de cada movemento.
8Os movementos teñen que ser realizados con realismo.
9Tense que distribuír de modo equitativo as técnicas de ataque ou defensa entre os pés e as mans dereita e esquerda.