Taekwon-Do ITF

O Taekwon-Do (태권도; 跆拳道) é un arte marcial de orixen Coreano. Destaca a variedade e a espectacularidade das suas técnicas de perna, e actualmente é un dos artes marciais máis coñecidas. É un arte marcial moderna, con pouco máis de 50 anos de antigüidade.

A palabra Taekwon-Do significa: Tae (pés) kwon (mans ou puños), e Do (camiño). Polo tanto, Taekwon-Do poderíase traducir como "O camiño dos pés e das mans", nome que fai referencia a que é un estilo de combate que utiliza unicamente os pes, as mans e outras partes do corpo prescindindo por completo das armas.

Moitos creen que este arte marcial básase unicamente en técnicas de perna , pero o Taekwon-Do tamén inclue unha gran variedade de técnicas nas que se empregan os puños, os cóvados, diferentes formas de empregar as mans, trabas, chaves, os pes, os xeonllos, etc.

O Taekwon-Do é un arte marcial na que sobresaen máis as técnicas de pateo que na maioría das artes marciais. Asimesmo, a depurada técnica das mesmas fana destacar pola sua gran rapidez e precisión. O Taekwon-Do consiste en ter axilidade e forza, na hora de dalas patadas, puñetazos e realizalas técnicas. As suas técnicas de patada, normalmente están enfocadas ao ataque do tronco ou a cabeza. Existen técnicas variadas de defensa persoal como barridos, luxacións ou proxecións. Estas técnicas a miúdo combínanse con outras, coma patadas ou técnicas de puño. Cada técnica de patada ten a súa vez variacións a diferentes alturas, con xiro (Bandae), en salto (twimio), cara un lado, cara atrás, etc.