Principios

CORTESÍA (YE UI)

Pódese decir que a cortesía é unha regra non escrita dada polos antigos mestres de filosofía, como medio da elevación do ser humano. Máis aínda pode ser considerado o criterio esencial que se lle require a un mortal.

Os estudantes do Taekwon-Do teñen que intentar poñer en práctica os elementos seguintes de cortesía para construír un carácter nobre e tamén para entrenarse dunna maneira ordenada.

  1. Promover o espírito de concesións mutuas.
  2. Avergonzarse dos vicios propios, despreciando os dos demáis.
  3. Ser amable cos demáis.
  4. Fomentar o sentido da Xusticia e Humanidade.
  5. Distinguir o Instrutor do Estudante, o ancián do xoven, o maior do menor.
  6. Comportarse como é debido.
  7. Respetalos bens alleos.
  8. Actuar con xusticia e serenidade.
  9. Absterse de dar ou aceptar calquer agasallo para sacar proveito.

INTEGRIDADE (YOM CHI)

No Taekwon-Do, a palabra "Integridade" refírese a unha noción máis amplia que a definición que un dicionario nos pode proporcionar. Un debe ser capaz de distinguilo correcto do incorrecto, o bo do malo e ter a conciencia, se é malo ou incorrecto, de sentirse culpable. O seguinte listado son exemplos de falta de integridade:

  1. O instrutor que nos se respeta a sí mesmo e a seu arte ensinando técnicas incorrectas a seus estudantes, xa sea por falta de coñecemento como por apatía.
  2. O alumno que non se respeta a sí mesmo, preparando con antelación os materiais que deberán romperse durante as demostracións.
  3. O instrutor que disimula as súas malas técnicas con salas de entrenamentos luxosas e falsas loanzas aos seus alumnos.
  4. O alumno que obten un rango só con un propósito egocéntrico ou por sentirse máis poderoso.
  5. O instrutor que ensina e promove o seu arte só cun propósito material.
  6. O instrutor ou o estudante o cal realiza acións diferentes ás súas palabras.
  7. O alumno que se sinte avergonzado por pedir consello aos seus compañeiros de menor grado.

PERSEVERANCÍA (IN NAE)

Existe un antigo dito oriental que di: "A paciencia leva á virtude ou ao mérito". "Un pode construír un fogar máis pacífico sendo paciente 100 veces". Certamente, a felicidade e prosperidade parecerían provir de persoas que son pacientes. Para lograr algo, como unha alta graduación ou un ben perfeccionamento técnico, un debe acadar o seu obxetivo e para elo un debe perseverar constantemente.

Un dos máis importantes segredos para converterse nun líder no Taekwon-Do é sobrepoñerse a toda dificultade con perseverancia.

Confuncio dixo: "Quen é impaciente en temas triviais fallará nos seus logros en asuntos de moita importancia."

AUTOCONTROL (GUK GI)

Este principio é extremadamente importante tanto dentro como fora do Do Jang, xa sexa en combate libre como en temas personais. A pérdida do control nun combate libre pode ocasionar desastres, tanto para o alumno como para o oponente. A inhabilidade para vivir e traballar coa capacidade plena, tamén é unha pérdida de autocontrol.

De acordo con Lao-Tzu "O máis forte é a persoa que gaña sobre sí mesma máis que sobre cualquera outra."

ESPÍRITO INDOMABLE (BAEKJUL BOOLGOOL)

"Aquí descansan 300, quenes cumpliron co seu deber". Unha sinxela inscrición para un dos maiores actos de coraxe coñecidos pola humanidade.

Fronte ás forzas superiores de Xerxes, Leónidas e os seus 300 espartanos en Thermopylas, demostráronlle ao mundo o significado do espírito indomable.

Un estudante do Taekwon-Do deberá ser sempre modesto e honesto. Se o alumno confronta unha inxustiza, actuará contra el sen temor algún, cun espírito indomable, sen ter en conta o número de persoas que deberá enfrontar.