Graduacións

Os grados nas artes marciais, proveñen da idea de que un está practicando unha disciplina que pode precisar para salvar a súa vida (ou a dun ser querido, nun momento dado. A palabra "marcial" alude ao trasfondo militar que teñen case todas as artes marciais. Entre elas o Taekwon-Do, que foi desenvolvido como unha disciplina que adestraba aos soldados para axudarlles a sobrevivir na batalla.

O cinto (Ti), non é máis que unha forma de distinguir o grao de coñecementos que teñen os distintos practicantes, a parte do significado filosófico que representa cada cor.

BRANCO Inocencia, como a do principiante que non ten coñecemento previo do Taekwon-Do.
Terra, na que medra unha planta que desenvolve as sus raíces, como os fundamentos do Taekwon-Do. AMARELO
VERDE Planta, crecemento da planta como a habilidade no Taekwon-Do comeza a medrar.
Ceo, hacia a que se dirixe a planta madura, como os progresos no Taekwon-Do. AZUL
VERMELLO Perigo, pide exercer o control e aconsellar os seus adversarios que se alonxen.
Madurez, representa o contrario ao blanco, madurez e coñecemento do Taekwon-Do. Tamén indica a da oscuridade e o medo. NEGRO
O cinto dun practicante de Taekwon-Do debe ser de 5cm de ancho e 5mm de grosor, dando unha soa volta á cintura. Esta volta representa que o practicante mantén un único obxetivo no seu camiño no Taekwon-Do; a lealtade a un único maestro; e a execución de un único golpe para acadar a victoria. As puntas de cor deberán ter 5mm de grosor (aproximadamente) e débense colocar a 5cm do extremo do cinto, o cal, unha vez posto, esta punta de cor (ao igual que a graduación nun cinto DAN) deberá caer cara o lado esquerdo.

Existen seis cores de cintos que se dividen en 10 categorías de cores GUP e 9 de cintos negro ou DAN. Á súa vez, dentro dos DAN existen 4 divisións en función da graduación:

  • BOO-SABUM: Significa AXUDANTE de instructor. Comprende os grados de I a III DAN.
  • SABUM: Significa INSTRUCTOR. Comprende os grados de IV a VI DAN.
  • SAJIUN: Significa MESTRE. Comprende os grados de VII a VIII DAN.
  • SANSUN: Significa GRAN MESTRE. Correspóndese co grado IX DAN.