
Xa fai máis dunha década, o Taekwon-Do ITF asentábase no Concello de Oroso, da man do Sabonim Antonio Blanco (Dache), funcionando coma unha escola municipal. Co tempo e co traballo duro dos distintos instrutores que ían espremendo a actividade en Oroso, entre eles o actual instrutor Ramón Lema, o Taekwon-Do ITF ía cobrando cada vez máis protagonismo na localidade.
Tal é así, que no 2010, varios pais e nais dalgúns dos nosos alumnos e alumnas decidiron que era o momento axeitado de funcionar coma un club deportivo, debido ao alto número de practicantes, para que os “jeja” (estudantes) daquel momento e os que pouco a pouco veñen vindo gocen dunha mellor calidade e profesionalidade no seu camiño como taekwondistas.